Miguel Barros presenta en Ourense o ensaio sobre Piñeiro

Categoría: Nova

Miguel Barros presenta o seu ensaio Ramón Piñeiro e a revisión do nacionalismo. Estará acompañado neste acto por Xosé M. Soutullo, director de produción de Galaxia, Luís González Tosar, poeta, e José Manuel Baltar Blanco, presidente provincial do PP.

A obra de Miguel Barros revélase como un texto esencial para entendermos en todas as súas dimensións unha das figuras esenciais do galeguismo do século XX.

Comparte nas túas redes sociais ou por email