Nun lugar chamado Guerra

A primeira edición foi en 2002, ano no que recibira o IV Premio Abril de Narrativa para a Mocidade, un dos tantos recoñecementos que ten obtido este autor prolífico e recoñecido internacionalmente. Néstor Pujalte, xornalista de vintecatro anos, é enviado a informar sobre a guerra que ten lugar na república exsoviética de Tudzbestán. Alí coñece […]

O curruncho galego

Dende as terras afastadas do Uruguai, o libreiro Manuel Losa, autor de 'Catro historias de emigrantes', fainos chegar unhas fotos do que el chama 'O curruncho galego', ou o que é o mesmo, un espazo, na súa librería, dedicado á literatura galega. No noso blog ofrecemos outras fotos máis para completar esta paisaxe visual fermosa […]

Tres galegos na porta do 'Nobel Infantil e Xuvenil'

Estes tres autores galegos (aínda que Farias escribe en castelán, mais ten obra no noso catálogo en galego) son este ano firmes candidatos para afacerse co premio 'Astrid Lindgren', considerado como o Nobel de Literatura Infantil e Xuvenil. Un total de 168 candidatos propostos por 60 países diferentes, loitarán por conseguir tan imporante distinción. Os […]

Serán de música e poesía en Vigo

Hoxe, ás 20 horas, na Casa do Libro de Vigo, presentarase o novo libro de Antonio García Teijeiro, 'A poesía necesaria. Lectura e creación poética dentro da aula'. O autor estará acompañado por Miguel Vázquez Freire, David Otero e o coordinador de novos proxectos de Galaxia, Francisco Castro. Durante o acto, Nardo Carpente interpretará un […]

Ez ezkondu, aita!

O libro de Fina Casalderrey, 'Prohibido casar, papá!' publicado pola nosa editorial aló por 1996, e que vén conseguindo sucesivas reedicións entre o público galego dende aquela, ve agora a luz en éuscaro a través da editorial Elkar. Aínda que xa é un feliz costume ver como cada día máis e máis autoras e autores […]

Dous novos recoñecementos para Domingo Villar

O escritor galego Domingo Villar é o único escritor do estado español convidadi á XII edición do Prime time Crime Time, Festival de Novela Negra que se celebra en Bremen. O autor de 'A praia dos afogados' manterá un encontro cos lectores e haberá unha lectura da súa primeira novela, 'Ollos de auga' o 19 […]

O Gabinete de Ramón Piñeiro na Rede

Antes do verán a Fundación Penzol inauguraba en Vigo unha réplica do gabinete de Ramón Piñeiro. Para os que tiveron a fortuna de gozar do maxisterio socrático na casa compostelana do filósofo de Láncara, o realismo e o coidado no detalle da reconstrución resultou realmente asombrosa. O gabinete está situado na Casa Galega da Cultura, […]

Isaac Díaz Pardo: medalla das Belas Artes

O artista, deseñador, editor e em­presario galeguista Isaac Díaz Pardo recibiu onte a Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes nun acto celebrado en Santan­der. O intelectual galeguista ve así recoñecida, con este novo galardón, toda a súa traxectoria vital e artística na que ademais da súa faceta como defensor e divulgador da nosa […]