O libro de Fina Casalderrey, 'Prohibido casar, papá!' publicado pola nosa editorial aló por 1996, e que vén conseguindo sucesivas reedicións entre o público galego dende aquela, ve agora a luz en éuscaro a través da editorial Elkar.
Aínda que xa é un feliz costume ver como cada día máis e máis autoras e autores de nós son demandados por outros sistemas literarios, sempre é unha boa nova que hai que celebrar a aparición dunha nova tradución.
Fina Casalderrey, sen dúbida unha das nosas autoras con máis proxección internacional, ten xa un bo mollo de obras traducidas a diversas linguas. Agora, os nenos e nenas de Euskadi poderán achegarse tamén a este seu libro que foi integrado, no ano 1998, na prestixiosa lista. White Ravens.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR