Xosé Monteagudo, Premio García Barros 2009

O xurado estivo formado polos profesores e críticos literarios Inma Otero Varela e Armando Requeixo, por Luís Alonso Girgado, en representación da Secretaría Xeral de Política Lingüística, Carlos Lema, en representación de Editorial Galaxia, e Valentín García Gómez, secretario do xurado. Os membros do xurado destacaron a orixinalidade da trama da novela, dentro do universo […]
'A felicidade perfecta' no cine

Estes días chega a todos os cines a fita 'Felicidad perfecta' baseada na novela de Anjel Lertxundi de mesmo nome e que foi publicada na colección Costa Oeste da nosa editorial. O filme está protagonizado pola televisiva Anne Igartiburu e trata da historia dunha moza vasca residente en Barcelona e que tenta superar, con grandes […]
María Rosa Lojo, premio da Hispanidade

O galardón entregaráselle á escritora arxentina de orixe galega, o domingo 11 de outubro no campo "Galicia" de Olivos do Centro Galicia de Buenos Aires . Este recoñecemento pretende valorar o traballo de distintas persoas atendendo aos seus méritos nos distintos ámbitos do seu traballo. Así, empresarios, profesionais e xente da cultura, son recoñecidos cada […]
Letras Galegas e Libres

A semana pasada dabamos conta da homenaxe dos tradutores galegos a Marilar Aleixandre e, tamén, das moitas novidades que no eido da tradución estamos a preparar dende a Editorial Galaxia. Achegamos hoxe a esta web, e nunca mellor sitio foi o apropiado, do proxecto dixital Bitraga, a Biblioteca de Tradución Galega que foi presentado a […]
As letras de Piñeiro

O Consello da Cultura Galega e a Fundación Penzol asinaron onte un convenio para organizar, catalogar e dixitalizar os fondos documentais, nomeadamente o epistolario, de Ramón Piñeiro, depositados na Fundación. A sinatura tivo lugar no Consello da Cultura Galega coa participación de Ramón Villares, Presidente da institución, e Alfonso Zulueta de Haz, Vicepresidente do Padroado […]
Galaxia publicará 24 traducións en 2009

Editorial Galaxia prepara a publicación das novidades de narrativa traducida doutras linguas para o galego. A nova entrega, que comeza o día 15 de outubro coa publicación de A fama, do escritor alemán Daniel Kehlmann, rematará un ano no que a editorial publicará 24 traducións, delas 11 títulos corresponden a narrativa, 7 a non narrativa […]
Manuel Rivas en bretón, Rosalía en xaponés

Os autores de nós seguen a recoller recoñecementos fóra das nosas fronteiras nunha nova confirmación da súa calidade. Nestes meses atrás viron a luz 'Cantares Gallegos' de Rosalía de Castro en xaponés, e 'A lingua das bolboretas' de Manuel Rivas en bretón. O filólogo nipón Takekazu Asaka, profesor de filoloxía románica na Universidade de Tsudajuku, […]
Comezan as campañas de Galaxia para o ensino

O pasado venres, a subdirectora xeral de Planificación e Dinamización Lingüística da secretaría, Cristina Rubal, e mais o coordinador de Novos Proxectos da Editorial Galaxia, Francisco Castro presentaron as dúas campañas ideadas por Galaxia para o programa da Secretaría Xeral, Bocaberta, 'En galego, por que non?' dirixida a alumnos de Bacharelato e 'Monicrequeando' para os […]