'A felicidade perfecta' no cine

Categoría: Nova

Estes días chega a todos os cines a fita 'Felicidad perfecta' baseada na novela de Anjel Lertxundi de mesmo nome e que foi publicada na colección Costa Oeste da nosa editorial.
O filme está protagonizado pola televisiva Anne Igartiburu e trata da historia dunha moza vasca residente en Barcelona e que tenta superar, con grandes dificultades, a dor emocional debida a un trauma adolescente relacionado co feito de ter sido testemuña e vítima da violencia política no País Vasco dos anos 80.

Unha boa ocasión para volver sobre a novela de Lertxundi de quen, hai ben pouco, publicabamos tamén na mesma colección o seu 'Bícame mon amour'.

Comparte nas túas redes sociais ou por email