Tres galegos na porta do 'Nobel Infantil e Xuvenil'

Categoría: Nova

Estes tres autores galegos (aínda que Farias escribe en castelán, mais ten obra no noso catálogo en galego) son este ano firmes candidatos para afacerse co premio 'Astrid Lindgren', considerado como o Nobel de Literatura Infantil e Xuvenil.

Un total de 168 candidatos propostos por 60 países diferentes, loitarán por conseguir tan imporante distinción. Os gañadores da edición deste ano daranse a coñecer o vindeiro 24 de marzo –aniversario da creadora da inesquecible 'Pippi Langstrum'–, durante a celebración da Feira do Libro de Boloña (Italia).

Unha nova máis para confirmar o bo estado de saúde da nosa literatura infantil e xuvenil.

Comparte nas túas redes sociais ou por email