O Gabinete de Ramón Piñeiro na Rede

Categoría: Nova

Antes do verán a Fundación Penzol inauguraba en Vigo unha réplica do gabinete de Ramón Piñeiro. Para os que tiveron a fortuna de gozar do maxisterio socrático na casa compostelana do filósofo de Láncara, o realismo e o coidado no detalle da reconstrución resultou realmente asombrosa. O gabinete está situado na Casa Galega da Cultura, en Vigo, e pode ser visitado por quen o desexe, tanto o gabinete como o espazo didáctico anexo.

Agora, e dende a nosa web, podes facer unha visita virtual a eses dous espazos, ben descargando as fotos ou ben lendo os textos que forman parte do espazo educativo anexo pensado para completar a información sobre Ramón Piñeiro e contextualizalo no conxunto da súa época.

Podes acceder a este servizo a partir do banner que titulamos 'Homenaxe a Ramón Piñeiro' ou dende a ligazón correspondente á Fundación Penzol.

Comparte nas túas redes sociais ou por email