Pluma de prata a un artigo sobre a prensa

O pasado sábado, o escritor e Coordinador de Novos Proxectos da Editorial Galaxia, Francisco Castro, facíase merecedor do Primeiro Accésit e Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo García 'Borobó' polo seu artigo titulado 'Borobó despedido'. O primeiro premio recaeu no xornalista e tamén escritor Xavier Lama e o terceiro foi […]

Adeus a Anisia Miranda

Anisia Miranda, escritora cubana, escritora galega, compañeira de Xosé Neira Vilas, finou onte aos 76 anos de idade na súa casa en Gres (Vila de Cruces), onde levaba 15 anos vivindo. Será despedida hoxe, na máis estrita intimidade, ás 12 da mañá. Anisia Miranda é un nome esencial da cultura galega, en especial trala fundación, […]

A poesía é necesaria

Nun salón de actos da Casa do Libro ateigada de público, o escritor Antonio García Teijeiro presentou onte 'A poesía necesaria'. Palabras contadas e palabras recitadas, e a música e as palabras de Eugenio de Andrade e Paco Ibáñez, mesturáronse nun serán de literatura apaixonante e amizade. Abriu o acto o coordenador de Novos Proxectos […]

Otero sempre en Vigo

O martes pasado, o director do museo Verbum-Casa das Palabras, Rosendo Covelo, e o coordinador de novos proxectos da Editorial Galaxia, Francisco Castro, inauguraron a exposición didáctica, 'Otero sempre en Trasalba'. O director da Casa das Palabras realizou unha semblanza do patriarca das letras galegas, explicando a satisfacción que supuña para o museo vigués contar […]

Xosé A. Neira Cruz leva o Manuel María de teatro

O responsable das coleccións Árbore e Costa Oeste de Galaxia, o escritor Xosé A. Neira Cruz, despois de gañar o ano pasado o Barriga Verde de textos teatrais, recibiu onte o Manuel María de Teatro pola súa obra 'Sopa de xarope de amora', sendo así recoñecido por segundo ano consecutivo nos galardóns teatrais que convoca […]

Presentación do ensaio CAMIÑANTES, de Marcelino Agís

Marcelino Agís Villaverde, profesor de Filosofía na USC, estivo acompañado neste acto por Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, José Manuel García Iglesias, director de Acción Social de Caixa Galicia, Xavier Martínez Cobas, secretario do padroado da Fundación Isla Couto -coeditora do libro-, e Xerardo Fernández Albor, ex Presidente da Xunta de Galicia. Ante […]

'Otero sempre en Trasalba'

O museo Verbum – Casa das Palabras inaugura hoxe a exposición temporal OTERO SEMPRE EN TRASALBA. O acto dará comezo ás 20 horas nas dependencias do museo. A exposición sobre Otero Pedrayo compleméntase cunha dramatización a cargo da actriz Sabela Galgo a partir do libro de Otero, 'Contos do camiño e da rúa'. Ela preséntase […]

Galegos que queren galego

O lema que finalmente quedará da multitudinaria manifestación onte en Santiago a prol do galego, son os versos do poeta Uxío Novoneyra: 'A forza do noso amor non pode ser inútil'. Porque iso foi o que onte se sentíu nas rúas de Compostela: amor polo galego, polo noso, pola historia que temos detrás e polo […]