Pluma de prata a un artigo sobre a prensa

Categoría: Nova

O pasado sábado, o escritor e Coordinador de Novos Proxectos da Editorial Galaxia, Francisco Castro, facíase merecedor do Primeiro Accésit e Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo García 'Borobó' polo seu artigo titulado 'Borobó despedido'.
O primeiro premio recaeu no xornalista e tamén escritor Xavier Lama e o terceiro foi para Mercedes Gualtería.
O xurado destacou do artigo de Castro, a "valentía coa que aborda o problema da independencia dos medios, fronte aos intereses do sistema, alertando sobre a perda de credibilidade e a prostitución do oficio".
Na ligazón que atoparás á dereita podes acceder ao blog do autor e dende el ler o artigo completo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email