Verde olivaXavier AlcaláO autor narra en primeira persoa a historia dunha inmigrante burguesa que se converte en axente do 26J e participa en misións arriscadas durante a revolución castrista. Xavier Alcalá conta na súa nova novela as aventuras e desventuras de Mariana, a galega enguedellada nunha revolución mítica contra o tirano que sometera a illa de Cuba. Velaquí Verde oliva, a historia desta filla de galego e crioula que se integra nunha rede secreta de axentes encargados de destruír o réxime do ditador. A heroína de Verde oliva puido nacer en Cuba e criarse alí, desde sempre no ambiente que conduciría á rebelión contra Batista, mais, por cousa dos azares da vida, veu ao mundo nunha aldea da Mariña luguesa o 20 de xullo de 1936. Así e todo, aos catorce anos desembarcaba no porto da Habana. Co mester do narrador experto, Xavier Alcalá conta a historia desta loitadora pola liberdade que, educada nun mundo burgués, intervén na guerra secreta desenvolvida durante a revolución cubana. Mariana, a protagonista da novela, chega á Habana e, mergullada nos hábitos de cidade avanzada, recibe boa educación e participa do luxo dos que se permiten vivir en Tarará. O seu pai, republicano en Galicia, imbúelle ideas democráticas que baten coa ditadura de Batista; isto, xunto co ambiente do seu colexio e da academia de xornalismo á que asiste, lévana a participar no Movemento 26J. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasXavier Alcalá participa na Feira Internacional do Libro de Miami2012-11-05 15:04:25 VERDE OLIVA2012-11-05 15:04:25 O libro do mes2012-11-05 15:04:25 Presentación de VERDE OLIVA, a nova novela de Xavier Alcalá2012-11-05 15:03:59 'Verde oliva' presentarase en Miami2012-11-05 15:03:59 Presentación de VERDE OLIVA en Boiro2012-12-18 09:19:08 Presentación de VERDE OLIVA en Ferrol2013-01-10 09:08:29 Presentación en Ferrol de "Verde oliva"2013-01-11 05:18:26 Tres obras de Galaxia, finalistas dos premios da AELG2013-04-02 18:43:53
Obras do autor en catálogo
Actividades relacionadasPresentación de VERDE OLIVA en Ribadeo2012-08-18 20:30:00 Pregón de Xavier Alcalá en Viveiro2012-08-13 13:00:00 VERDE OLIVA en Miami2012-11-15 21:00:00 Presentación de VERDE OLIVA en Boiro2012-10-26 20:30:00 CULTURGAL 20122012-12-02 10:00:00
Novidades
| |||||||||||||||||||||||||||||
|