Presentación en Ferrol de "Verde oliva"

Categoría: Nova

Un escritor pulmón. Un narrador de estirpe. Un auténtico levantador de historias. Así describiu a Alcalá o crítico Vicente Araguas nun texto que enviou para que se lese no acto, xa que non puido estar presente no mesmo. Un entusiasta grupo de lectores amigos acompañaron ao autor e aos presentadores na sala Sargadelos. Xavier Alcalá confírmase dende hai tempo coma un dos novelistas que mellor acertan na construción da crónica do noso tempo: historias, personaxes, sucesos que narran a Galicia contemporánea, homes e muilleres do século XX, como Mariana, a protagonista de "Verde oliva", un relato baseaí en feitos reais que reconstrúe os días máiss intensos da revolución de Fidel Castro e os "barbudos" en Cuba. Unha ollada distinta e complementaria dende a Galicia do Caribe.

Comparte nas túas redes sociais ou por email