Presentación de VERDE OLIVA en Ferrol

Categoría: Nova

O escritor Xavier Alcalá presentará a súa nova novela, "Verde Oliva", acompañado do tamén escritor e director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes e polo poeta Alfredo Ferreiro, quen manterá unha conversa co autor.

Da novela, recentemente traducida ao castelán, ofrecimos en aberto o primeiro capítulo, para a súa lectura de balde, cousa que podes volver facer premendo no enlace que atoparás á dereita destas páxinas.

O crítico literario Ramón Nicolás sinalou desta obra: "A documentación manexada polo autor deste traballo, sen dúbida monumental, insírese na ficción sen que se advirta sutura ningunha pois Alcalá sabe incorporar, nun relato de alento histórico, que ten tamén moito de crónica, o sentimento e os desexos dunhas xentes e dun tempo que exhiben con naturalidade as súas propias contradiccións alimentadas, claro é, de frustracións, dalgúns éxitos, de traizóns, traxedias, balaceras, fazañas ou covardías… Alcalá revive este tempo e proxéctao, ao meu ver con fortuna, ata os nosos días".

Comparte nas túas redes sociais ou por email