'A forma das nubes', libro do mes

Categoría: Nova

Como vimos facendo dende hai moitos meses, dende a web da Editorial Galaxia e coa idea de contribuir ao espallamento da nosa literatura máis actual, ofrecemos de balde algunhas páxinas dalgún dos libros máis sobranceiros de entre as nosas novidades. E, desta volta, quen acceda á web de Galaxia (http://www.editorialgalaxia.com) poderá descargarse totalmente de balde as primeras páxinas de novela de María López Sández, 'A forma das nubes', gañadora do Premio Repsol de Novela fallado recentemente e que está a sorprender gratamente a público e crítica, dende un banner específico que creamos para a ocasión e que está operativo durante todo este mes de Xaneiro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email