vaiche boa

11,00€

mercar

¡Vaiche boa!

Paul Jennings

Unha barra de labios que volve tolas as rapazas. Uns calzóns que proporcionan calidades prodixiosas a quen os pon. O esterco dun xardiñeiro afeccionado que produce unha praga de moscas. Unha cola milagrosa que, despois de catro horas, deixa de funcionar. Un esqulete no retrete e osos que camiñan pola praia... Vaiche boa!

Historias alucinantes que hai que gozar e ler con cautela porque... coidado!, crean adicción á lectura.

Este libro, que no 2004 volve a aparecer no prelo de Galaxia, xa ten demostrado que sabe facer lectores, e que os lectores gozan cos relatos que contén ata o punto de pediren máis. Os medos da infancia, todos os interrogantes que caben na cabeza dun rapaz, as teimas do adultos, as pequenas incapacidades, os primeiros fracasos configuran, neste volume, un conxunto ben aderezado co humorismo e a axilidade narrativa que son característicos na obra do autor, o inglés afincado en Australia, Paul Jennings.

O volume conta coas magníficas ilustracións de Kiko da Silva, que nos agasalla nesta edición cunha soberbia ilustración de cuberta realizada en técnica tridimensional.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 180
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 130 x 200
  • Data Publicación : 2015-10-01
  • Colección : Árbore a partir de 12 anos
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-717-3
  • Edición : 2

Noticias relacionadas

Árbores por tres2010-12-14 09:40:11

Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

unha-verdade-amargaUnha verdade amargaCelia Díaz Núñez

jennings

Jennings, Paul
Paul Jennings (Inglaterra, 1943) aos seis anos colleu o barco -era un deses de vapor- e marchou coa súa familia a Australia, onde vive na actualidade. Se ben di que a súa infancia foi feliz (as vacacións, as lambetadas que facía a nai...), lémbrase perfectamente das cousas desagradables: a idea dos monstros que se cadra se agochaban na sombra e a sensación de ser pequeno e indefenso. É nestes sentimentos da súa nenez nos que furga para atopar o material das súas historias. Despois de traballar como mestre e, máis adiante, de profesor de lingua e literatura na educación de adultos, en 1989 decidiu dedicarse plenamente ao oficio de escribir. Porque lle gusta e lle encanta argallar historias graciosas e estrañas e dar renda solta á súa imaxinación. De feito, dá no miolo e os rapaces que leron os seus libros divertidos -moitos deles premiados- xa veñen conformando un público de centos de miles de afeccionados, distribuídos por todo o planeta.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR