Jennings, Paul

jennings
Jennings, Paul

Paul Jennings (Inglaterra, 1943) aos seis anos colleu o barco -era un deses de vapor- e marchou coa súa familia a Australia, onde vive na actualidade. Se ben di que a súa infancia foi feliz (as vacacións, as lambetadas que facía a nai…), lémbrase perfectamente das cousas desagradables: a idea dos monstros que se cadra se agochaban na sombra e a sensación de ser pequeno e indefenso. É nestes sentimentos da súa nenez nos que furga para atopar o material das súas historias. Despois de traballar como mestre e, máis adiante, de profesor de lingua e literatura na educación de adultos, en 1989 decidiu dedicarse plenamente ao oficio de escribir. Porque lle gusta e lle encanta argallar historias graciosas e estrañas e dar renda solta á súa imaxinación. De feito, dá no miolo e os rapaces que leron os seus libros divertidos -moitos deles premiados- xa veñen conformando un público de centos de miles de afeccionados, distribuídos por todo o planeta.

As súas obras

¡Vaiche boa!
vaiche boa
14.00€ CON IVE
Que desfeita!
que
14.70€ CON IVE