Sobrevivindo

13,00€

mercar

Sobrevivindo

Arantza Portabales

Premio de novela por entregas La Voz de Galicia 2015

Val valdés presentouse no ano 2000 a un programa de telerrealidade, do que saíu vencedora e rica. A partir dese momento, convértese nunha empresaria da que apenas se coñece a súa vida privada. Alternando pasado e presente. Sobrevivindo tece unha trama de intriga arredor da súa protagonista: unha muller que loita contra si mesma e contra o resto do mundo. Sobre o pano de fondo dunha miríade de personaxes secundarios, a novela vai deixando ao descuberto a noiva adolescente, a alumna, a esposa, a viúva, a nora, a nai, a xefa, a reclusa e a empresaria dunha traxectoria vital apaixonante que avanza sen tregua e sen acougo. Corresponde ao lector xuntalas nunha busca que o levará a coñecer o misterio escondido detrás desta muller trinfadora e, ao tempo, eternamente derrotada.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 136
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 2015-10-26
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-643-5
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

unha-verdade-amargaUnha verdade amargaCelia Díaz Núñez

Foto Arantza Portabales

Portabales, Arantza
(San Sebastián, 1973) Filla de emigrantes galegos, é licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e funcionaria da Escala Superior de Finanzas da Xunta de Galicia. Iníciase como escritora no ano 2013, cultivando o xénero do microrrelato. Participou en libros colectivos como 40 plumas e pico, As palabras contadas, Lecturas d'Espagne, volume 2, Purorrelato de Casa África, volume 2 e Escribo 3. Regularmente escribe microficción en http://unanubedehistorias.blogspot.com.es/. En outubro de 2015 publicou o seu primeiro libro de microrrelatos: A Celeste la comprá en un rastrillo.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR