Onte presentouse na Librería Cronopios de Santiago a novela de Arantza Portabales, "Sobrevivindo". A autora estivo acompañada polo delegado de La Voz de Galicia (xornal convocante do premio de Novela por Entregas que mereceu esta obra), Ignacio Carballo, e polo director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. Acudiu tamén o ilustrador Juan Carlos Abraldes.
No noso blogue deixamos unha galería fotográfica da xornada.