Presentacións dos novos libros de Marcos Calveiro e Xosé María Álvarez Cáccamo

Onte, a Editorial Galaxia tivo unha actividade intensa coa presentación, en Santiago, da primeira novela de Xosé María Álvarez Cáccamo, 'As últimas galerías', na librería Cronopios. Por outra banda, no Café Badía de Vigo, o escritor Marcos Calveiro presentou 'Fontán', Premio Repsol de Narrativa Breve 2015. No noso blogue deixamos galería fotográfica dos dous actos.

Presentación de 'Os elefantes Sokúrov' en Boiro

O escritor Antón Riveiro Coello presentará mañá en Boiro a súa nova novela 'Os elefantes de Sokúrov' acompañado por Manuel Cartea, Vicepresidente de Barbantia, Juan José Dieste, Alcalde de Boiro e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. O libro cóntanos unha historia ambientada na cidade de Santiago, na que se mesturan temas coma […]

Arantza Portabales presentou SOBREVIVINDO en Santiago

Onte presentouse na Librería Cronopios de Santiago a novela de Arantza Portabales, "Sobrevivindo". A autora estivo acompañada polo delegado de La Voz de Galicia (xornal convocante do premio de Novela por Entregas que mereceu esta obra), Ignacio Carballo, e polo director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. Acudiu tamén o ilustrador Juan Carlos Abraldes. No […]