A Editorial Galaxia desenvolveu esta pasada fin de semana unha intensa axenda de actividades literarias. Carlos Labraña presentou o venres en Compostela a súa comedia teatral infantil, Moito Morro Corporation. Arantza Portabales fixo o propio na Feira do Libro de Pontevedra co historia gañadora do Premio de Novela por Entregas de la Voz de Galicia, Sobrevivindo. E Francisco Castro participou o sábado pola mañá no Vermú entre libros da Libraría Paz, de Pontevedra, co seu Amor non é unha palabra coma outra calquera. Todas estas actividades contaron co respaldo xeneroso do público, como podedes ver nas galerías de imaxes que compartimos no noso blog.