Palabra de bruxa

Andrea Barreira Freije

As portas do muiño das Xanas sempre estiveron abertas para os habitantes de Queixumes.

Xeración tras xeración prestáronlles axuda cada vez que eran requiridas. Todas as súas peticións foron cumpridas, sempre a cambio de algo. Porén, a chegada de Pío Salazar á vila vai mudalo todo.

Berenice, a última muller da casa das Xanas, vai ser xulgada. Xúlgase o seu xeito de vida, o seu ser. Xúlgase a ela e ás mulleres que a precederon. A ela e ás mulleres que comparten a súa forma de entender e estar no mundo.

Esta é a historia de Berenice, pero tamén de Xoana, de Morgana, de Marga, de Catalina, de Quioteria… das mulleres que non renunciaron á voz propia. Elas toman a palabra con foraza e sentímola poderosa no aquelarre, no fogar, na rúa, nos espazos onde as sitúa a vida. E canda elas as persoas que as acusan, que as sinalan, que as xulgan e as condenan sen escoitalasm, que exer en o seu poder. E á súa vez aquelas coas que comparten o seu amor.

A través desta páxinas saberás o que contan as bruxas, a súa verdade.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 168
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 08/06/2018
  • Colección : Costa Oeste
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-181-6
  • Edición : 1
  • Nº na colección : 102
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

palabra-de-bruxaPalabra de bruxaAndrea Barreira Freije
do-amado-amodoDo amado amodoManuel Outeiriño
o-ouro-das-luasO ouro das lúasBeatriz García Turnes

Autor/a

andrea-b-freije-cristina-r-lesmes

Barreira Freije, Andrea
(Fonsagrada, 1986) é graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e especialista en comunicación medioambiental, social e internacional. Na actualidade continúa a súa formación e está a estudar Pedagoxía. En 2015 publicou Non hai luz sen escuridade (Urco Editora), unha novela de xénero fantástico para público xuvenil. Para adultos ten relatos en antoloxías colectivas Contos do Sacauntos, Romasanta o criminal (Urco Editora). Lendas de Gallaecia, Segunda Era e Encontros na Terceira Fase (Contos Estraños), Tebras na Alma (autoedición), e Contos de Verán (Redelibros). Actualmente, imparte obradoiros de narrativa para adolescentes e adultos en Gestión cultural-Taller Abierto (Pontevedra). Ademais dá obradoiros de escrita creativa, é redactora na web Galicia Enteira e forma parte da plataforma de crítica literaria feminista A Sega, que visibiliza o traballo das escritoras.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR