Barreira Freije, Andrea

andrea-b-freije-cristina-r-lesmes
Barreira Freije, Andrea

(Fonsagrada, 1986) é graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e especialista en comunicación medioambiental, social e internacional. Na actualidade continúa a súa formación e está a estudar Pedagoxía. En 2015 publicou Non hai luz sen escuridade (Urco Editora), unha novela de xénero fantástico para público xuvenil.

Para adultos ten relatos en antoloxías colectivas Contos do Sacauntos, Romasanta o criminal (Urco Editora). Lendas de Gallaecia, Segunda Era e Encontros na Terceira Fase (Contos Estraños), Tebras na Alma (autoedición), e Contos de Verán (Redelibros).

Actualmente, imparte obradoiros de narrativa para adolescentes e adultos en Gestión cultural-Taller Abierto (Pontevedra). Ademais, dá obradoiros de escrita creativa, é redactora na web Galicia Enteira e forma parte da plataforma de crítica literaria feminista A Sega, que visibiliza o traballo das escritoras.

As súas obras

Palabra de bruxa
palabra-de-bruxa
14.50€ CON IVE