Marxinados

13,50€

mercar

Marxinados

Pepe Carballude

Marxinados é unha historia de persoas que viven, dalgunha maneira, fóra do mundo. Pero que tamén queren cambialo.

Fálanos dunha estrela do baloncesto que un día decide rematar a súa carreira e ir traballar como educador ao internado onde tamén el foi criado. Está alí para botar unha man a nenos e nenas que, coma el, foron excluídos por unha realidade que os puxo fóra: pais e nais atrapados na misera, nas drogas, nos problemas duros do lado máis feo do mundo. Pero tamén está alí chamado por unha historia de amor. Unha novela para pensar nas persoas que non poden facer nada por cambiar as cousas. Pero tamén unha novela para pensar nas persoas que as cambian, para mellor, todos os días.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 140
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 2014-12-29
  • Colección : Costa Oeste
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-518-6
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

sosS.O.S.11,95€

Actividades relacionadas


Novidades

9788491514756A esmorga (Ilustrada)Eduardo Blanco AmorDiego Estebo
9788491514725Unha estrela para AminaCelia Díaz Núñez

Foto Pepe Carvallude

Carballude, Pepe
Naceu na aldea de Rubín (A Estrada) no ano 1956. É profesor de latín nun instituto de ensino medio na provincia da Coruña. Á parte da obra relacionada co seu traballo profesional, na que destacan algunhas traducións de poetas latinos, está entregado fundamentalmente á literatura infantil e xuvenil, que cultiva con entusiasmo e dedicación. En 1988 publicou o conto titulado O xílgaro Pintor. É autor tamén da noveliña titulada Os gazafellos, premio Barco de Vapor 1986, así como dos libros titulados Mimos e máis mimos, S.O.S, Investigación 091 e Andainas de Pedro Chosco. SOS, Maldito DNI, Andrea quere ser maior, Paisaxe con fondo gris e De como o Santo dos Croques se fai peregrino, co que obtivo o Premio Barco de Vapor 2002.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR