A maldición de San Brandán

Paulo Calvo

O padre Aldán guía un grupo de frades irlandeses

cara a un recuncho da antiga Britonia, Lar de Maeloc, coa misión de acubillar un poderoso artefacto. O mesmo que o doutor Fausto Wesster procura para o Führer, sabendo que de atopalo, o ditador acadaría a gran vitoria que desexa para os nazis sobre Europa. O mesmo que Daniel Alvite, Luthier da USC, descubrirá no fardo das escavacións de Wewelsburg. Unha novela que nos fará conter a respiración, un conto de misterio, azar e intriga histórica onde nunca saberemos se o destino da humanidade é libre ou obedece á vontade dun obxecto. Ou quizais si, quizais si o saberemos…

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 136
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 29/07/2019
  • Colección : Costa Oeste
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-360-5
  • Edición :
  • Nº na colección : 112
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

grial-222Grial 222 VV.AA.

Autor/a

paulo-calvo-javier-troitino

Calvo, Paulo
(Ames, 1977) é profesor de Economía e Matemáticas no ensino secundario. Licenciado en Economía pola USC, especializado en Responsabilidade Social Corporativa e Desenvolvemento Sostible pola UNED. No eido literario esta é a súa primeira incursión no mundo da novela. Anteriormente, recibiu premios en certames como o de microrrelatos de Panxea; o certame do Centro Galego de Frankfürt e nos Sonigramas do Diario cultural da Radio Galega. Asemade, colaborou cunha serie de relatos curtos de xénero fantástico no libro Contos estraños. Segunda era (2014). Se queres conversar con el, pódelo atopar en Facebook, Twitter e Instagram: @omeupaulinho. Foto do autor de Javier Troitiño


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR