(Ames, 1977) é profesor de Economía e Matemáticas no ensino secundario. Licenciado en Economía pola USC, especializado en Responsabilidade Social Corporativa e Desenvolvemento Sostible pola UNED. No eido literario esta é a súa primeira incursión no mundo da novela. Anteriormente, recibiu premios en certames como o de microrrelatos de Panxea; o certame do Centro Galego de Frankfürt e nos Sonigramas do Diario cultural da Radio Galega. Asemade, colaborou cunha serie de relatos curtos de xénero fantástico no libro Contos estraños. Segunda era (2014).
Se queres conversar con el, pódelo atopar en Facebook, Twitter e Instagram: @omeupaulinho.
Foto do autor de Javier Troitiño.