alquimias

10,60€

mercar

Libro das Alquimias

Xesús Constela

Un rapaz que está a descubrir o mundo, como quen o constrúe con pezas dun mecano, encontra de pronto a presenza dun vello que vai deixando ao seu paso, sen decatarse, unha guedella de estrelas.

Días despois sabe que ese ancián é o novo inquilino do baixo do seu edificio. A partir dese momento, a súa atención centrarase en coñecer as misteriosas actividades ás que o vello se dedica. Sen sabelo, está a abrir unha porta que ha cambiar a súa vida.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 188
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210 mm.
  • Data Publicación : 2007-12-10
  • Colección : Costa Oeste
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-025-9
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514398VillardevósSilvio Santiago
grial-224Grial 224 VV.AA.
rimaletrasRimaletrasMar Guerra
distanciasDistanciasTamara AndrésMarcos Viso

constela

Constela, Xesús
Ferrol, 1963. Estudou Filoloxía Inglesa na Universidade de Salamanca, onde tamén participou en revistas de creación literaria. Actualmente dedícase ao ensino da lingua inglesa no Instituto de Poio, vila onde tamén reside. É colaborador habitual do suplemento "Nordesía" do Diario de Ferrol. As humanas proporcións é o seu primeiro libro e con el gañou o Premio Torrente Ballester de 2003 da Deputación da Coruña. Unha ópera prima que é unha proposta arriscada, moderna, resolta atinadamente e con raíces na narrativa de sempre.

En 2007 publica, en Galaxia, a súa primeira novela, Libro das Alquimias e en 2008 gaña o premio García Barros con Shakespeare destilado.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR