Constela, Xesús

constela
Constela, Xesús

Ferrol, 1963. Estudou Filoloxía Inglesa na Universidade de Salamanca, onde tamén participou en revistas de creación literaria. Actualmente dedícase ao ensino da lingua inglesa no Instituto de Poio, vila onde tamén reside. É colaborador habitual do suplemento “Nordesía” do Diario de Ferrol. As humanas proporcións é o seu primeiro libro e con el gañou o Premio Torrente Ballester de 2003 da Deputación da Coruña. Unha ópera prima que é unha proposta arriscada, moderna, resolta atinadamente e con raíces na narrativa de sempre.

En 2007 publica, en Galaxia, a súa primeira novela, Libro das Alquimias e en 2008 gaña o premio García Barros con Shakespeare destilado.

As súas obras

As humanas proporcións
As humanas proporcións
16.45€ CON IVE
Shakespeare destilado
Shakespeare destilado
18.90€ CON IVE
Libro das Alquimias
alquimias
12.80€ CON IVE