Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María

10,00€

mercar

Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María

Mercedes Queixas Zas

PREMIO GALA DO LIBRO GALEGO 2017 NA CATEGORÍA DE ENSAIO

A casa outeirense, a tribo chairega e a nación galega representan a triple razón de vida en que Manuel María afinca o seu universo biográfico e literario. Neste libro, Mercedes Queixas segue o roteiro vital do poeta entrefebrando vida e obra, feitos e ideas, letras e sentires. Cun relato directo, sintético e ao tempo rigoroso, a autora achéganos ao itinerario vital de Manuel María. Itinerario que, coma un río sempre fértil e vizoso, nace coas raíces na Terra Chá, medra na prolongada formación académica e autodidacta de carácter enciclopédico e multiplica o seu curso nunha escrita extensa e de temática ricaz. O idioma, a fala, o oficio de poeta e a tradición literaria marcan a vida de quen se entregou na defensa da súa xente e da súa cultura. A poesía é o sinal dese compromiso, a biografía é o testemuño que corrobora o anceio constante de liberdade.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 188
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 190
  • Data Publicación : 2016-02-25
  • Colección : Letras Galegas
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-676-3
  • Edición : 1
  • Nº na colección :
  • Observacións :

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

a-senda-de-salA senda de salFran Fernández Davila
a-liberdade-no-seculo-xxiA liberdade no século XXIEnrique Sáez Ponte
o-cidadan-perfectoO cidadán perfectoRaquel Ricart Leal

merce

Queixas Zas, Mercedes
Mercedes Queixas Zas (A Coruña, 1968) é profesora de Lingua e Literatura galega no ensino secundario. Ademais de breves ensaios de carácter divulgativo com Os trobadores do Reino de Galiza (1997), escribiu Martín Sarmiento. O inicio da recuperación da conciencia galega (2002) e Ramón Piñeiro. A expresión cultural dunha estratexia política (2009). Colaborou na Historia da literatura galega (1996) e é coatura da Historia xeral da literatura galega (2001).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR