Felicidade perfecta

Anjel Lertxundi

Anjel Lertxundi pregúntase se existe a felicidade pefecta..., se vivimos nun mundo que non se entende.

O impacto. A crueza. A cara fera da realidade. A inxenidade crebada en anacos de espello que reflicten un mundo que non podemos comprender.

Existe, realmente, a felicidade perfecta? Fermosa pregunta que nos trae a realidadeecos afastados de promesas divinas.

Emporiso a realidade pode estar a espreitar ao cabo da rúa, onde, no momento menos pensado, a violencia se fai disparo.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 152
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210 mm.
  • Data Publicación : 2006-05-02
  • Colección : Costa Oeste
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-912-2
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

9788491515562Ti19,00€

Actividades relacionadas


Novidades

grial-227Grial 227 VV.AA.
9788491514916Flores de ferroMaría Rei Vilas
9788491515562TiAnjel Lertxundi

Lertxundi

Lertxundi, Anjel
Nace en Guipuzkoa en 1948 e estuda Filosofía e Letras en San Sebastián. Adícase por completo ao ensino e ao xornalismo nos primeiros anos logo de licenciarse. Foi un dos fundadores da Asociación de Escritores en Lingua Vasca e o seu primeiro presidente. Gañou en 1983 e 1992 o Premio da Crítica de Narrativa en Éuscaro, e o Premio Euskadi de Literaturaen 1999. En 2010 obtivo o Premio Nacional de Ensaio.

Ten máis de 30 obras dirixidas ao público infantil e xunvenil. Todo o seu traballo literario caracterízase por un tono poético e musical que inflúe no caonto moderno vasco. Hai tamén na súa literatura unha clara influencia dos escritores sudaméricanos e do ralismo máxico sobre todo nos primeiro momentos, logo a súa obra vai adquirindo un tono máis intimista, de busqueda interior.

En 2006 Galaxia edita en galego Felicidade perfecta, unha novela dirixida ao público xuvenil, e en 2009 Bícame mon amour, na colección Árbore 12 anos.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR