Estás aquí:

Código: 1043

Eu tamén son fonte

16,50  IVE INCLUIDO
Fermoso álbum ilustrado polo pintor Leandro Lamas, con texto de Teresa Moure.
Nesta nova obra, Teresa Moure preséntanos un texto poético para unha historia fermosa sobre o amor, a vida, e a intimidade gozosa entre as nais e os seus fillos e fillas. Eu tamén son fonte, pola beleza do texto e das ilustracións, está chamado a convertirse en todo un acontecemento editorial. Os lectores asturianos poden disfrutar del na súa edición en bable.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 28
Deseño: Capa dura
Data Publicación: 03/10/2008
Dimensións 24 x 21 cm. mm.
Colección: Álbumes
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-127-0
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Moure, Teresa
teresa

Teresa Moure é doutora en Lingüística xeral e exerce a docencia nas facultades de Filosofía e Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. É presidenta do consello de administracion de ‘Sermos Galiza’. Na súa especialidade ten publicados máis dunha ducia de traballos onde salienta a responsabilidade ética do investigador, o terror ao colonialismo e á homoxeneización cultural dentro dunha decidida vocación antiglobalización. É autora de libros como La alternativo no-discreta en lingüística (1996), Universales del lenguaje y linguo-diversidad (2001) ou La lingüística en el conjunto del conocimiento: una mirada crítica.

Obtivo o Premio Lueiro Rey de novela curta no ano 2004 con A xeira das árbores. Tamén no 2004 gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio con Outro idioma é posible; no 2005 foi Premio Xerais de novela con Herba Moura e publica con Galaxia outro ensaio: As palabras das fillas de Eva. En 2011 obtivo de novo o Premio Ramón Piñeiro co ensaio Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións.

En marzo de 2006 é premiada como Mellor Autora do ano nos premios da «Irmandade do Libro» que concede a Federación de Libreiros de Galicia.

As súas obras

Outro idioma é posible
OUTO IDIOMA E POSIBLE
16.90€ CON IVE

COLECCIÓN

Álbumes

A caca cuca
9788491517443
esgotado
A caca cuca
9788491519348
16.50€ CON IVE
A túa historia
a-tua-historia
16.50€ CON IVE
ABRAPALABRA!
abra
esgotado
Acouga, Babau
9788491515579
16.50€ CON IVE
Akna. Os mariñeiros da terra de xeo
9788491515821
16.50€ CON IVE
Alba
9788491516354
16.50€ CON IVE
Alba de groria (ilustrada)
9789491515623
16.50€ CON IVE