Este camiño que fixemos xuntos

17,75€

mercar

Este camiño que fixemos xuntos

Antía Cal

Relato vital dunha muller galega do século XX.

Co mesmo estilo narrativo con que contaba películas e comentaba a actualidade a un alumnado engaiolado, a metade de camiño entre un guión de cine e os contos ao pé da lareira, Antía Cal fainos percorrer en Este camiño que fixemos xuntos o relato vital dunha muller galega do século XX.

Nestas páxinas repásanse soños, proxectos compartidos, crónica dos amigos, lembranzas felices e momentos duros, mais sempre coa ilusión de quen sabe que o camiño é posible e moi fermoso para facelo cos demais.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 262
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 140 x 210
  • Data Publicación : 2015-06-10
  • Colección : Memoria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-955-9
  • Edición : 1

Noticias relacionadas

Homenaxe a Antía Cal2007-05-23 10:35:45
Premio Trasalba 20122012-08-07 12:42:49

Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491515562TiAnjel Lertxundi
9788491514879Benvidos á cidadeXurxo Sierra Veloso
poeta-en-nova-yorkPoeta en Nova YorkFederico García Lorca
9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz

antía cal

Cal, Antía
Antía Cal Vázquez (A Habana, 1923) naceu en Cuba mais volveu a Galicia coa súa familia de nena. Licenciouse en Xeografía e Historia na Facultade de Letras de Compostela no ano 1945.

A súa vocación pola pedagoxía, impulsada polo seu home, Antón Beiras García, e influída polas correntes pedagóxicas que coñeceu viaxando con el por Europa, levárona a crear no ano 1962 a Escola Rosalía Castro de Vigo.

Fronte a escola daquela época, o Rosalía foi pioneiro en moitos aspectos: unha escola laica, mixta, bilingüe (co inglés como segundo idioma desde o parvulario), na que primaba o respecto ao alumno, como suxeito de dereitos, e cunha didáctica activa na que mestres, pais e alumnos participaban do proxecto pedagóxico. Unha escola inserida no entorno social, comprometida coa reivindicación da realidade e a cultura galega, e en contacto estreito cos novos movementos de renovación pedagóxica, coma a Escola de Mestres Rosa Sensat de Cataluña, liderada por Marta Mata.

Antía Cal segue a ser hoxe unha das voces máis autorizadas que temos en Galicia no ámbito da pedagoxía. En 2012 a Fundación Otero Pedrayo concedeulle o Premio Trasalba e no 2015 o Ernestina Otero polo seu traballo a prol da Igualdade.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR