Hai uns días que empezou a chegar ás librerías galegas a terceira edición das memorias de Antía Cal, ESTE CAMIÑO QUE FIXEMOS XUNTOS no que evoca a súa vida e a súa dedicación ao ensino. Os seus alumnos e alumnas gardan un recordo inesquecible dela. E quen se achegue ao libro, sentirá o mesmo. A sensación de acompañar nunha vida inesquecible a unha persoa inesquecible.
Antía Cal no seu día recibiu o Premio Trasalba que concede a Fundación Ramón Otero Pedrayo. O equipo de goberno da Fundación Otero Pedrayo valorou moi especialmente a súa condición de muller emprendedora que nunha época con tan poucos horizontes soubo prender un lume de esperanza, de formación e información nas novas xeracións de rapaces, moitos dos cales ocuparon e ocupan postos relevantes na vida social, cultural e politica galega. As aulas do centro, a Escola Rosaía de Castro por ela fundada, levaban nomes de persoeiros significativos da nosa cultura: Castelao, Alexandre Boveda, Manuel Murguía, Eduardo Pondal, nomes de oficios populares: Mariñeiros, Labregos, Irmandiños, e mais da cultura universal: Matrimonio Curie, Bertrand Russell…
Todo isto, e moito máis, neste libro que sempre está, coma a muller activa e intelixente que é, de actualidade.