Se houbo un acto que fixo rebordar a carpa da Feira do Libro de Vigo foi o de presentación do libro de Julia Fernández Rodríguez o pasado venres á tarde, PEQUENAS HISTORIAS PARA FALAR DE SENTIMENTOS. A autora estivo acompañada polos músicos (e profesoras e profesores, e amigos da autora), Viki Pérez, Rosa Gayoso e Moisés Quintas. Este último puxo, coa súa guitarra, banda sonora á lectura dalgunhas das pequenas historias que pechan este libro que publicamos na nosa Biblioteca de Intervención Social/Didáctica.
A autora repartiu axóuxeres entre os participantes que non dubidaron en usar como acompañamento musical para a peza que os tres músicos interpretaron logo de escoitar algunhas das historias e da explicación da obra que a autora deu deste texto que, dalgunha maneira, pode axudar, a quen o lea, a xestionar mellor as súas emocións.
No noso blogue deixamos un completo álbum fotográfico desta feliz xornada.