Cal, Antía

antía cal
Cal, Antía

(A Habana, 1923 – Meira – Moaña, 2022) naceu en Cuba mais volveu a Galicia coa súa familia de nena. Licenciouse en Xeografía e Historia na Facultade de Letras de Compostela no ano 1945.

A súa vocación pola pedagoxía, impulsada polo seu home, Antón Beiras García, e influída polas correntes pedagóxicas que coñeceu viaxando con el por Europa, levárona a crear no ano 1962 a Escola Rosalía Castro de Vigo.

Fronte a escola daquela época, o Rosalía foi pioneiro en moitos aspectos: unha escola laica, mixta, bilingüe (co inglés como segundo idioma desde o parvulario), na que primaba o respecto ao alumno, como suxeito de dereitos, e cunha didáctica activa na que mestres, pais e alumnos participaban do proxecto pedagóxico. Unha escola inserida no entorno social, comprometida coa reivindicación da realidade e a cultura galega, e en contacto estreito cos novos movementos de renovación pedagóxica, coma a Escola de Mestres Rosa Sensat de Cataluña, liderada por Marta Mata.

Antía Cal segue a ser hoxe unha das voces máis autorizadas que temos en Galicia no ámbito da pedagoxía. En 2012 a Fundación Otero Pedrayo concedeulle o Premio Trasalba e no 2015 o Ernestina Otero polo seu traballo a prol da Igualdade.

As súas obras

Este camiño que fixemos xuntos
Este camiño que fixemos xuntos
20.70€ CON IVE