Escoller onde buscar

Premio Trasalba 2012

Categoría: Nova

A pedagoga Antía Cal é a galardoada co Premio Trasalba 2012, que concede anualmente a Fundación Otero Pedrayo como recoñecemento á aportación de distintas figuras á cultura galega. O premio, que ten carácter honorífico, entregarase na festa literaria que se celebra o domingo 24 de xuño, día de San Xoán, na casa grande de Cimadevila, en Trasalba (Ourense).

PROGRAMA DE ACTOS
9,30 HORAS
Dianas e alboradas
10,45 HORAS
Reunión do Padroado da Fundación Otero Pedrayo na biblioteca do Centro de Estudos Oterianos
12,00 HORAS
Misa votiva en memoria de Ramón Otero Pedrayo, oficiada por Alfonso Blanco Torrado, párroco de San Salvador de Parga
12,30 HORAS
Actuación da agrupación folclórica 'Queixumes dos Pinos'
12,45 HORAS
Acto literario no auditorio da Casa Museo
Presentación da nova edición de Historia dun neno, de Ramón Otero Pedrayo, publicada pola Fundación Otero Pedrayo
Homenaxe a Antía Cal
XXX Premio Trasalba
Laudatio de Xesús Alonso Montero
Presentación do libro Sementar no futuro
Intervención de Antía Cal
14,15 HORAS
Xantar de amizade no souto de Trasalba

Comparte nas túas redes sociais ou por email