Debuxos no muro

11,50€

mercar

Debuxos no muro

Aurora Ruá

Esta obra recibiu unha axuda da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2013.

Pablo é un mozo de 15 anos que pasa os últimos días do verán co seu pai no hospital onde traballa. É unha especie de castigo para que así poida preparar o exame dunha asignatura suspensa. Durante a súa reclusión forzosa, descobre uns debuxos sorprendentes pintados nas paredes dunha cova. Así, a través dos debuxos nun muro, coñecerá a Pep, un rapaz da súa idade, que viviu, setenta anos atras, recluído tamén, pero por razóns ben diferente: como prisioneiro republicano durante a Guerra Civil de España. Unha novela que nos fala da amizade e da arte como memoria histórica, onde presente e pasado se entrelazan a través duns sinxelos trazos de carbón.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 84
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 2014-10-17
  • Colección : Costa Oeste
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-519-3
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

Foto Aurora Ruá

Ruá, Aurora
Avogada, escritora e libreira. Naceu en Valencia en 1969, é licenciada en Dereito e en 2005 comezou a compaxinar a súa actividade profesional coa escritura e a ilustración de libros infantís. É autora de numerosos contos e relatos, dos cales Os coleccionistas de vidro (2011) foi o primeiro que publicou. Vive de a cabalo de Valencia e Vigo, onde pasa numerosas tempadas ao longo do ano.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR