
(Ribadavia, 1956). Historiador e documentalista, traballou no Instituto Galego de Información baixo a dirección de Isaac Díaz Pardo e actualmente colabora en varios proxectos da sección de Ciencias do Consello da Cultura Galega. É autor de diversas publicacións sobre a historia cultural galega do primeiro terzo do século XX, como O Seminario de Estudos Galegos (2001), e coautor de De camiños, viaxeiros e camiñantes. Peregrinos de nós ao cabo do mundo (Galaxia, 2016) Premio ramón Piñeiro de Ensaio 2015) e fixo a edición do libro Ánxel Casal: un editor para un país: Catálogos de Lar e Nós (2007).

(Pontevedra, 1944), psiquiatra, é autor, entre outros títulos, dos ensaios Notas para una teoría de la realidad (1988), Imarginaciones (1988), Sobre el yo y otros objetos no identificados (1994), Galicia borrosa (2004), Ferrín e outras historias (2007), Fíos e lecturas (2011), Fisterras atlánticas. Lecturas dende o cabo do mundo (2012) e Fisterras atlánticas. Lecturas dende o cabo do mundo (2024). Foi Premio Fernández del Riego de xornalismo en 2008. É coautor de De camiños, viaxeiros e camiñantes. Peregrinos de nós ao cabo do mundo (Galaxia, 2015) Premio Ramón Piñeiro de ensaio)