Mato, Alfonso

Alfonso Mato
Mato, Alfonso

(Ribadavia, 1956). Historiador e documentalista, traballou no Instituto Galego de Información baixo a dirección de Isaac Díaz Pardo e actualmente colabora en varios proxectos da sección de Ciencias do Consello da Cultura Galega. É autor de diversas publicacións sobre a historia cultural galega do primeiro terzo do século XX, como O Seminario de Estudos Galegos (2001), e coautor de De camiños, viaxeiros e camiñantes. Peregrinos de nós ao cabo do mundo (Galaxia, 2016) Premio ramón Piñeiro de Ensaio 2015) e fixo a edición do libro Ánxel Casal: un editor para un país: Catálogos de Lar e Nós (2007).

As súas obras

De camiños, viaxeiros e camiñantes
1462279867De_caminos,_viaxeiros_e_caminantes
24.20€ CON IVE