Ás veces quero morrer coa risa

12,30€

mercar

Ás veces quero morrer coa risa

Birgit Schlieper

Nina Stahl

Conta a historia dun rapaz de 16 anos ao que lle diagnostican un cancro termial.

O protagonista non é capaz de pensar con claridade diante da tremenda realidade, nin entender por que ten que morrer tan novo con todo o que lle queda por vivir: ter noiva, o primeiro coche, ir a concertos…, en definitiva, todo o que calquera adolescente devece por facer. Séntese furioso, desvalido e enganado pola vida. Todo semella inxusto. Ten que decidir onde pasar o tempo que lle queda, se seguir no hospital, onde está rodeado por persoas que comparten o mesmo fado, ou marchar cos seus pais. Mais coñece a Henene, unha rapaza que está aínda máis enferma ca el. Así, coa aparición do amor, descobre un posible sentido para o tempo que lle queda: quere pasalo con Helene.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 184
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 2013-02-14
  • Colección : Costa Oeste
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-475-2
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514015Os jeans de MaríaLois Alcayde Dans
9788491514046CarruselBerta Dávila
a-fraga-do-meu-avoA fraga do meu avo Mamá Cabra
na-metade-da-noiteNa metade da noiteLuis Marcelo Pérez

Birgit Schlieper

Schlieper, Birgit
nacida no ano 1968 en Iserlohn, vive coa súa familia en
Zumikon (Suíza). Estudou Americanística, Filoloxía Románica, Filoloxía Inglesa e traballaba como xornalista. Dende 2004 traballa como autora e redactora cultural e foi premiada varias veces.

Nina Stahl

Stahl, Nina
Nacida no ano 1977 en Münster, vive coa súa familia preto de Dortmund. Estudou ciencias pedagóxicas e traballa de 2002 a 2009 como pedagoga na sección de hematoloxía/ oncoloxía pediátrica na clínica universitaria en Münster.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR