Como falarlle á rapazada de enfermidades terminais?

Categoría: Nova

Hai uns anos apostamos por un texto, para a nosa Colección Costa Oeste, que abordaba unha cuestión espiñenta e de difícil abordaxe, como é a morte da xente moza, neste caso, por mor dun cancro na súa fase terminal. O libro era da autoría de Birgit Schlieper e Nina Stahl e leva por título ÁS VECES QUERO MORRER COA RISA.
Dende a súa saída do prelo en lingua galega (o orixinal é alemán) foron moitas as persoas que se sentiron atraídas por esta obra na que se trata a cuestión dende a delicadeza, o humor, e tamén o amor.
Nestes días, volve ás tendas galegas na súa segunda edición e coa mesma forza da primeira vez para seguírmonos interrogando sobre as grandes cuestións da vida. E da morte.

Comparte nas túas redes sociais ou por email