pega

12,70€

mercar

A pega rabilonga. Os ruíns

Xosé María Álvarez Blázquez

Publícase neste volume toda a narrativa breve escrita en galego por Xosé María Álvarez Blázquez.

Dous libros de contos: Os ruíns, narracións que datan do ano 1935, case no punto do estoupido da Guerra Civil, e A pega rabilonga e outras historias de tesouros, que viu a luz en 1971 en Edicións Castrelos. Estas narracións comparten, malia os anos que as separan, riqueza descritiva, viveza nos diálogos, humor sutil e unha querenza do autor polos personaxes humildes e perdedores fronte á crítica aberta aos insensibles e aos poderosos.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 168
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 13,5 x 21 cm.
  • Data Publicación : 2008-02-21
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-055-6
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514244O latexo dunha aula infantilÁngeles e Isabel Abelleira Bardanca
9788491514237O viaxeiro perfectoIván García Campos

xm

Álvarez Blázquez, Xosé María
Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915-Vigo, 1985) foi un escritor polifacético (poesía, narrativa e ensaio), arqueólogo, investigador, e editor que manifestou en todo o seu quefacer unha vontade de compromiso firme co seu país.

Como poeta cómpre destacar os seus libros Poemas de ti e de min (1949), Roseira do teu mencer (1950), Cancioneiro de Monfero (1953) e Canle segredo (1976). Como narrador, en galego é autor dos contos Os ruíns (1935) e A pega rabilonga e outras historias de tesouros (1971).

A súa figura tivo un papel central na creación das editoriais Monterrey e Castrelos, fitos fundamentais para a normalización da nosa cultura nos duros anos do franquismo. Alén diso o seu labor como investigador en temas literarios e arqueolóxicos foi moi salientábel. En literatura son de subliñar as súas achegas ao estudo da lírica medieval galega e á dos Séculos Escuros; no ámbito arqueolóxico os seus traballos sobre o a prehistoria e a romanización son especialmente relevantes.

En 2008 foi o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR