A filla do minotauro

Marilar Aleixandre

Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2017

Neste libro cóntasenos unha historia de aventuras (xénero que leva practicando a autora dende sempre) sobre unha organización clandestina dedicada a salvar obras de arte. Unha novela vibrante que nos deixa sen alento xa dende as primeiras liñas e que, entre outras cousas, nos fará entender que somos, tamén, o noso patrimonio, a historia que nos construíu, o que outras e outros, antes, fixeron por nós.

Unha novela, en definitiva, que as e os seareiros da vizosa obra de Marilar Aleixandre recoñecerán como unha das mellores entre as súas.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 188
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 03/10/2018
  • Colección : Costa Oeste
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-189-2
  • Edición :
  • Nº na colección : 107
  • Observacións :

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

as-ramonasAs ramonasAna Cabaleiro
adios-maria-2018Adiós MaríaXohana Torres

marilar

Aleixandre, Marilar
Nacida en Madrid en 1947, é licenciada en Bioloxía e profesora de Didáctica das Ciencias na USC. Instalada en Galicia desde 1973, adoptou o galego como lingua literaria. As súas primeiras obras foron narracións dirixidas aos lectores máis novos, como A formiga coxa (1989) e O rescate do peneireiro (1990). Continuou con libros para adolescentes como Nogard (1994) e a novela de aventuras A expedición do Pacífico (1994), coa que obtivo os premios Merlín e Lousada Diéguez. A novela que a deu a coñecer nun ámbito máis amplo foi Tránsito dos gramáticos (1993), unha orixinal intriga ambientada nunha Compostela futurista.

En 1996 publicou a colección de relatos Lobos nas illas. Con A Compañía Clandestina de Contrapublicidade gañou a IV edición do Premio Álvaro Cunqueiro de narrativa (1998). En 2001 publicou Unha presa de terra. Recibiu o Premio Xerais de Novela 2001 por Teoría do Caos.

Recibiu o galardón Letra E concedido pola AELG. Na Asemblea Xeral do Congreso Ibby de Literatura Infantil e Xuvenil, celebrado en setembro de 2010 en Santiago de Compostela, foi nomeada membro do Comité Executivo da organización.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR