Autor/a destacado/a:
Editorial Galaxia publica a antoloxía completa de Fiz Vergara Vilariño
16/09/19

Galaxia publica nestre tramo final do ano a antoloxía poética de Fiz Vergara Vilariño, escrita por Yago Rodríguez Yáñez. Un traballo necesario e unha gran escolma poética por parte do autor. Atopámonos ante un referente esencial, polo que hai que transitar para entender a nosa poesía actual. O poeta naceu e morreu na parroquia de Santalla de Lóuzara, no concello lugués de Samos (1953-1997). A súa poesía contiña un marcado carácter social, que foi derivando a un maior intimismo co tempo. Da súa primeira época destacan as obras Para vós (1971) e Encontro cos tiburóns (1973). A poesía paisaxística, amorosa e existencialista predomina dende Orfo de ti en terra adentro (1976). Desta tendencia son os poemarios Poeta muiñeiro á deriva (1982), Nos eidos da bremanza (Editorial Galaxia, 1990), Pastora de sorrisos (1993) e o póstumo Animal sen fel (1998). Formou parte do colectivo Cravo Fondo, xurdido en Santiago de Compostela en 1977. Foi un grupo poético que naceu cunha vontade renovadora, autodefinido como revolucionario, nacionalista e comprometido coa investigación creativa coa lingua e a literatura. Poetas da altura de Ramiro Fonte, Xesús Rábade Paredes, Xavier Rodríguez Barrio, Xulio López Valcárcel, Xesús Manuel Valcárcel, Helena Villar Janeiro e o propio Fiz Vergara Vilariño, dábanlle forma a esta sinerxía literaria. “Por Galicia, pola poesía, Cravo Fondo, verba nova para unha terra ceibe”. En 1977 publican Cravo Fondo, o seu único libro conxunto no que, en forma de manifesto, mostra a vontade de superación do socialrealismo epigonal, sen renunciar á historicidade nin caer no esteticismo. Saliéntase a necesidade de facer recitais non elitistas.  

Presentación de “Prana Apana”, de Patricia Rivas Gallego

O día 25 de xuño, ás 19 h, celebrarase, a través dun directo en Instagram, a presentación de Prana Apana, de Patricia Rivas Gallego. Acompañando á autora, coordinará a presentación Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia. Podedes acompañarnos ese día, accedendo á presentación, no noso perfil de Instagram: www.instagram.com/galaxiaeditorial/ Prana Apana é un proxecto que, nun contexto …

Programa de sinaturas da Editorial Galaxia na Feira do Libro de Vigo

Comeza a Feira do Libro 2020 en Vigo! Celebrarase, coas correspondentes medidas hixiénicas e de seguridade, do 25 de xuño ao 4 de xullo en horario de maña: 11.00 – 13.00 (agás o día 25, que é a inauguración oficial) e de tarde: 17.00 – 20.00, na rúa do Príncipe. Contará cun pregón a cargo da escritora María Xosé …

Hoxe é o Día Mundial da Música

Hoxe, día 21 de xuño, celébrase o Día Mundial da Música e, para festexalo, compartimos con todas e todos vós Lingua guapa. Cantos que contan…,un fermosísimo traballo de Fina Casalderrey e Néstor Blanco, ilustrado por Lucía Cobo. LINGUA GUAPA é un libro-disco, da colección Sonárbore, que chega para voarmos por todas as músicas do mundo. …

Sinaturas da Editorial Galaxia, esta fin de semana, na Feira do Libro de Santiago

Velaquí as sinaturas da Editorial Galaxia que se celebrarán, esta fin de semana, na Feira do Libro de Santiago: Día 20, ás 12:00 h, Sinatura de Galicia, o país das marabillas, de Claudia Castro, ilustrado por Emanuel Lomeña. Velaquí unha nova visión, insólita, divertida e poética, sobre Galicia. É unha viaxe por toda a nosa …

GALAXIA NA FLIV

Velaquí toda a programación da Editorial Galaxia no Festival Virtual do Libro de Galicia! Impulsado por Data Lib, Fervenzas literarias e Anna R. Figueiredo, nace o FLIV 2020, o I Festival Virtual da Literatura galega. Programación: Venres 26 de xuño 12:00 h. Habitamos historias? Cal é o papel da lectura na sociedade. Javier Pintor conduce …

A Editorial Galaxia recibe a visita institucional do Bloque Nacionalista Galego

Onte pola mañá recibimos na Editorial Galaxia a visita institucional do Bloque Nacionalista Galego que quixo partillar con nós as súas ideas de cara ao apoio ao mundo da edición e do libro de Galicia. Acodiron á nosa sede de Vigo, Luís Bará, Alexandra Fernández, Xabier P. Igrexas e Carmela González. Foron recibidos polo noso presidente, …

Arranca a Escola de Letras co seu primeiro curso

Onte, Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia, en compaña da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentaban a Escola de Letras, pioneira en Galicia, en Vigo. Á presentación tamén acudiu o resto do claustro, formado pola escritora Inma López Silva e os escritores Antonio García Teijeiro e Diego Giráldez. A Escola de Letras, que …

Sinatura de “Papá, por que non pintas as unllas de cores?”, de Jorge García Marín

O día 17 de xuño, ás 19:00 h, celebrarase a Sinatura de Papá, por que non pintas as unllas de cores?, de Jorge García Marín, na primeira Feira do Libro 2020, en Santiago de Compostela (Paseo central da alameda). Educando (construíndo) masculinidades disidentes Non se nace home ou muller. Apréndese a ser home ou muller. …

Programa de sinaturas da Editorial Galaxia na Feira do Libro de Santiago

Comeza a primeira Feira do Libro 2020 coa Feira de Santiago de Compostela! Celebrarase, coas correspondentes medidas hixiénicas e de seguridade, do 13 ao 21 de xuño en horario de maña: 11.30 – 14.00 e de tarde: 17.30 – 21.00 No paseo central da alameda de Compostela. Velaquí o programa de sinaturas no que participarán …

Presentación virtual de “O país do porvir”

O día 11 de xuño, ás 19 h, celebrarase, a través da plataforma ZOOM, a presentación de O país do porvir, de Xoaquín Fernández Leiceaga. Acompañando ao autor, coordinará o evento Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia. Poderedes acceder ao encontro a través da seguinte ligazón e contrasinal: A Editorial Galaxia invítalle á reunión de Zoom programada. Tema: Presentación de “O país do porvir”, de Xoaquín Fernández Leiceaga Hora: 11 xuño 2020 19:00 PM Unirse á reunión Zoom https://zoom.us/j/8208888663?pwd=ZVh6S2VSbWwyOWJWaktNTXZ2KzhNZz09 ID da reunión: 820 888 8663 Contrasinal: 5SEGD2 …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR