Autor/a destacado/a:
Marcos Calveiro
27/11/17

Marcos Sánchez Calveiro, coñecido como Marcos Calveiro, naceu en Vilagarcía de Arousa no ano 1968 e actualmente reside en Vigo, onde exerceu a avogacía e agora rexenta un local de hostelaría. Comezou a súa carreira literaria creando obras dedicadas á literatura infantil e xuvenil, escribindo principalmente en galego. Neste campo recibiu numerosos premios como o Ala Delta, o Barco de Vapor ou o Lazarillo. Tamén publicou obras no campo da poesía e o ensaio e en 2008 publicou a súa primeira novela dirixida ao público adulto, Festina Lente, recoñecida co Premio da Crítica de narrativa galega. En 2015 gañou o IX Premio Narrativa Breve Repsol coa novela Fontán e en 2017 o XXIX Premio García Barros coa novela O xardineiro dos ingleses.

II Premio de Narrativa Breve Repsol YPF

A Refinería de Repsol na Coruña, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca a segunda edición do Premio de Narrativa Breve Repsol YPF en Lingua Galega. As bases do Premio establecen que as obras orixinais e inéditas deberán enviarse á Refinería antes do 16 de xullo de 2007, estar escritas en lingua galega, …

Cinco anos sen Carlos Casares

A Fundación Carlos Casares é a encargada de organizar estes encontros, coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña. Trátase de reunir distintas voces de distintas literaturas coa idea de reflexionaren sobre o feito literario. Anualmente, os Diálogos Literarios de Mariñán ofrecen a oportunidade de coñecer tendencias, preocupacións, gustos e liñas de traballo, tanxenciais ou dominantes, …

Primavera en Trasalba

A cor amarela preside unha boa parte desta pintura de Virxilio, que se ofrece aos visitantes ata o próximo 1 de setembro. Segundo Otero Pedrayo, a cor amarela é a cor de Ourense, moi especialmente nesta época: a cor das mimosas (que aquí chaman acacias) e das xestas, a cor da flor do toxo e …

Nova York na Feira da Coruña

En pouco de tempo, Editorial Galaxia vén de editar tres libros nos que a cidade dos rañaceos está presente ou serve de pano de fondo de diferentes historias: Brooklyn Follies de Paul Auster, Xelamonite de Luis Paradelo e agora New York, New York de Inma López Silva. Tres relatos nos que a gran cidade aparece …

Lectura pública. Un dereito da cidadanía

Galicia segue a ocupar os postos máis baixos respecto de índices de lectura e usos bibliotecarios. Aínda que algo se ten mellorado e a nova administración da Xunta anuncia programas de activación e investimentos económicos, as bibliotecas seguen sendo unha asignatura pendente na nosa estratrexia cultural. O informe elaborado por Hilario Hernández, da Fundación Germán …

Galaxia e Xerais presentan xuntas os últimos libros de Alonso Montero

Os escritores galegos ante a guerra civil española, 1936-1939 (Galaxia) e Intelectuais marxistas e militantes comunistas en Galicia, 1926-2006 (Xerais) son os títulos dos dous libros, que en certa maneira se complementan, segundo explicou o autor na presentación en Santiago de Compostela. "Trátase dunha análise metódica, crítica e rigorosa do papel dos intelectuais galegos e …

A policía franquista informa sobre Voces Ceibes

O texto, asinado na Coruña o 15 de xaneiro de 1970, vai dirixido á Dirección General de Seguridad en Madrid, ao gobernador da provincia e á Comisaría General de Investigación Social. Nel dase conta do nacemento e das primeiras manifestacións dos compoñentes de Voces Ceibes, que como tal grupo se presentara por primeira vez na …

Eva Almazán e Rodríguez Baixeras, premiados pola Asociación de Escritores en Lingua Galega

En Santiago de Compostela, nunha cea literaria ben concorrida, entregáronse os devanditos premios, resultado das sucesivas votacións realizadas polos asociados na AELG. No apartado de tradución foi elixido o traballo de Eva Almazán: Brooklyn Follies de Paul Auster. Entre os finalistas salientou a tradución de Molloy de Samuel Becket (Clásicos Universais), realizada por Anxo Rei …

Europa e a Xeración Nós

O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, inaugurou en Santiago de Compostela (Museo do Pobo Galego) e na Casa Grande de Cimadevila (Trasalba), sede da Fundación Otero Pedrayo, as conmemoracións do Día de Europa cunha homenaxe á memoria histórica e á significación europeísta da Xeración Nós. Trátase dunha viaxe histórica polos sinais de …

O voto emigrante a debate

Hai unha Galicia que vive fóra das nosas fronteiras e que tamén existe. ¿Que dereitos políticos podemos e queremos concederlles? O debate ten raiceiras históricas, dende a Restauración ata os nosos días. Tampouco somos o único país do mundo que vive esta circunstancia. O xornalista Anxo Lugilde (Lugo, 1970), un dos analistas políticos máis lúcidos …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR