Publicamos a nova novela de Isabel Freire

Categoría: Nova

Dende hai uns días xa está nas librerías de todo o país o novo libro, desta volta unha obra de teatro infantil, de Isabel Freire e que se titula 'Aos Reis Magos non lles gustan os caramelos de menta', ilustrado por María Lires (Árbore 10 anos).

O LIBRO

Baltasar queda durmido no sofá da casa de Nela e non hai quen o esperte. Corre perigo a noite dos Reis Magos?
Nela vai aprender a responsabilizarse dos seus actos nesta historia chea de humor e complicidade entre unha nena de oito anos e as Súas Maxestades, os Magos de Oriente.

A AUTORA

Naceu na Coruña e é xornalista na Radio Galega. Como escritora, saben dela milleiros de nenos e neas polos libros do peixe Glub, o becho máis intrépido dos acuarios. Escribiu tamén historias protagonizados por detectives e, neste libro, atrévese co teatro pensado para os máis pequenos e pequenas da casa.

Comparte nas túas redes sociais ou por email