Tertulia arredor do libro MATERNOSOFÍA de Inma López Silva

Mañá mércores e dentro dos actos da Feira do libro da Coruña, a escritora Inma López Silva manterá unha conversa con Olivia Tudela e co escritor e editor Francisco Castro arredor do seu libro MATERNOSOFÍA. Neste diario dunha escritora que vive por primeira vez a experiencia da maternidade non se pretende dilucidar ese misterio nin […]
Unha Semana para a Música Infantil na Coruña

O pasado venres deu comezo nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña a Feira do Libro, para a que a Editorial Galaxia preparou un completo programa de actos nos que sobrancea a Semana da Música Infantil que, dende o luns 4 ao domingo 10, ás 20 horas, ofrecerá de balde ao público asistente, concertos dos […]
Presentacións na Feira do Libro da Coruña

Esta fin de semana comeza a Feira do Libro da Coruña na que, como cada ano, a nosa editorial ten unha forte actividade. As presentacións dan comezo esta mesma fin de semana, concretamente o domingo coa presentación do novo libro de Miguel Anxo Murado, 'Escrito en cafeterías'. O autor estará acompañado polo Director de Edicións […]
Olga Brañas na Semana da Música Infantil da Coruña

Mañá martes ás 20 horas a Editorial Galaxia desenvolverá a segunda sesión da Semana da Música Infantil na Feira do Libro da Coruña coa actuación de Olga Brañas quen levará a Carpa que preparamos para a ocasión nos Xardíns de Méndez Núñez, PITUSA SEMIFUSA. O libro inclúe un cedé cun mollo de cancións de Olga […]
Miguel Anxo Murado en Betanzos

"Escribo nas cafeterías. É certo. E escribo a man, non no ordenador. Para os textos de carácter literario, que son os que reunín neste libro, aínda que escritos para os xornais, prefiro o ambiente da cafetería, non o ordenador, nin as redaccións, porque me concentro moi mellor". Miguel Anxo Murado conversou con Víctor F. Freixanes, […]
Luís Emilio Batallán presentou aos medios o seu novo traballo, ‘Había que chegar’

Onte, en Santiago, o cantautor Luis Emilio Batallán presentou o que, segundo as súas verbas, é o seu "proxecto máis persoal". De feito é o traballo do autor de "Quen puidera namorala" no que hai máis cancións nos que el tamén asume o papel de letrista. No disco, tamén están presentes Álvaro Cunqueiro ou unha […]
Antón Riveiro Coello, fillo predilecto de Xinzo

Antón Riveiro Coello (Xinzo de Limia, 1964) converteuse o pasado xoves en Fillo Predilecto de Xinzo de Limia. Un dos autores máis galardoados da nosa literatura recibe así o recoñecemento da vila que o viu nacer hai medio século. O Concello de Xinzo de Limia e os veciños rendéronlle así homenaxe no auditorio Ángel Cocho […]
Ofrenda institucional a Rosalía de Castro

Institucións culturais de toda Galicia e da Galicia exterior homenaxearon o pasado 25 de xullo a memoria de Rosalía de Castro, acto simbólico que se vén celebrando dende hai anos no Panteón de Galegos Ilustres, na igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela, e que constitúe un dos referentes tradicionais do Día […]