Esta fin de semana comeza a Feira do Libro da Coruña na que, como cada ano, a nosa editorial ten unha forte actividade.
As presentacións dan comezo esta mesma fin de semana, concretamente o domingo coa presentación do novo libro de Miguel Anxo Murado, 'Escrito en cafeterías'. O autor estará acompañado polo Director de Edicións de Galaxia, Carlos Lema.
Ao día seguinte, o luns, será o momento para a presentación de O ESPIDO DE GINA de Miguel Anxo Fernández. O seu presentador será outravolta o Director de Edicións de Galaxia, Carlos Lema.
Ambos os actos celebraranse ás 20 horas.