Presentación de ESCRITO EN CAFETERÍAS en Betanzos

O escritor Miguel Anxo Murado vai presentar o seu novo libro, ESCRITO EN CAFETERÍAS na Libraría Biblos de Betanzos. O autor estará acompañado polo Director Xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. Este novo libro de Miguel Anxo Murado é un traballo no que se contan historias reais pero que naceron escritas, nun principio, como columnas […]

Homenaxe a Alfonso Zulueta de Haz

Onte, a Fundación Penzol encheuse de amigos e amigas para homenaxear a Alfonso Zulueta de Haz, nun acto que pretendía ser íntimo pero que, como explicou Antón Vidal, mantedor da celebración, "estas cousas pasan cando a quen se homenaxea é tan querido". O acto estaba rganizado polas cinco institucións nas que Alfonso Zulueta de Haz […]

Presentación da Poesía Galega Completa de Díaz Castro en Lugo

Intervirán Armando Requeixo, o delegado provincial Mario Outeiro, e Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia. Esta edición está patrocinada pola Área de Cultura da Deputación de Lugo. Xosé María Díaz Castro é autor dunha obra máis ampla do que adoita considerarse, pero durante moito tempo a prevalencia creativa de Nimbos fixo que se obviase […]

Homenaxe a Alfonso Zulueta de Haz polo seu 90 aniversario

O próximo día 28 do presente mes de xullo, ás 12 horas, faráselle entrega ao Presidente da Fundación Penzol, Alfonso Zulueta de Haz dunha placa conmemorativa do 90 aniversario do seu nacemento. Esta homenaxe está promovida por Editorial Galaxia, SEPT, Fundación Isla Couto, Fundación Otero Pedrayo e Fundación Penzol, pola súa entrega e dedicación a […]

Presentación-concerto do libro disco Xiqui Xoque Fiu Fiu! no Festigal

María Fumaça presentará este venres no marco do Festigal en Santiago, a partires das 19.30 horas no Campus Sur, o seu último traballo: "Xiqui Xoque Fiú Fiú!". Trátase dun traballo especial, que, como o anterior 'María Fumaça' está dedicado a Ruí, un cativo con parálise cerebral pero coa mesma capacidade que todos para cantar, bailar […]

A Editorial Galaxia é puntoGAL

A Asociación puntoGAL presentou onte martes os 93 seleccionados no seu Programa Pioneiros nun acto que tivo lugar no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela. As empresas, administracións, fundacións e asociacións que serán as primeiras en poder activar un enderezo co .gal a partir do día 25 de xullo. Entre elas están a […]

Takekazu Asaka visitou a Editorial Galaxia

Onte martes recibimos na nosa editorial a visita do tradutor xaponés para o galego de Rosalía de Castro e de Ramón Cabanilas, Takekazu Asaka. Como fixera na súa anterior visita polo 2011, cando nos agasallou con outras obras galegas traducidas ao xaponés, desta volta veu con 'Contos da miña terra' de Rosalía de Castro e […]

Presentación-concerto de 'Estamos no verán!!!' en Betanzos

O músico Xoán Curiel presentará a novela-disco da súa autoría e Charo Pita, na librería Biblos ás 20 h. cun pequeno concerto cheo de música e historias e co espírito de facer participar ao público e mergullar aos rapaces e rapazas nun soño de verán… Nesta novela-disco cóntasenos a historia duns amigos que queren ter […]