Presentación de ESCRITO EN CAFETERÍAS en Betanzos

Categoría: Nova

O escritor Miguel Anxo Murado vai presentar o seu novo libro, ESCRITO EN CAFETERÍAS na Libraría Biblos de Betanzos. O autor estará acompañado polo Director Xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes.
Este novo libro de Miguel Anxo Murado é un traballo no que se contan historias reais pero que naceron escritas, nun principio, como columnas de prensa. Co seu habitual xeito orixinal de narrar, o escritor de Lugo amosa casos como un portaavións fabricado dunha aliaxe do metal fundido das Torres Xemelgas, unha factoría de chalecos antibalas que comproba o material cos seus traballadores ou a historia dun obsesionado pola música da película "O padriño".

Comparte nas túas redes sociais ou por email