Homenaxe a Alfonso Zulueta de Haz

Categoría: Nova

Onte, a Fundación Penzol encheuse de amigos e amigas para homenaxear a Alfonso Zulueta de Haz, nun acto que pretendía ser íntimo pero que, como explicou Antón Vidal, mantedor da celebración, "estas cousas pasan cando a quen se homenaxea é tan querido". O acto estaba rganizado polas cinco institucións nas que Alfonso Zulueta de Haz participou ao longo da súa vida de forma activa; Editorial Galaxia, Fundación Illa Couto, Fundación Otero Pedrayo, Fundación Penzol e a Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos (Sept). Na súa intervención foi comentando como foi incoporándose a cada un destes proxectos culturais ao longo da súa vida. Tomaron a palabra distintas persoalidades en nome de cada unha das institucións. Todos coincidiron en destacar a súa xenerosidade solidaria e cívica e non de caridade. Gabouse o seu traballo sostido a través dos anos, así como o esforzo investido na tradución ao galego da Biblia desde o seu idioma orixinal, tarefa na que se investiron doce anos.
Todos os que interviron (Víctor F. Freixanes, Xesús Alonso Montero, Xavier Martínez Cobas, Quico Domínguez), destacaron en suliñar o seu talante progresista así como o seu compromiso co galeguismo e fidelidade ás amizades.
Unha xornada inesquecible para todas e todos os que formamos o mundo do galego e da Editorial Galaxia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email