A Editorial Galaxia é puntoGAL

Categoría: Nova

A Asociación puntoGAL presentou onte martes os 93 seleccionados no seu Programa Pioneiros nun acto que tivo lugar no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela. As empresas, administracións, fundacións e asociacións que serán as primeiras en poder activar un enderezo co .gal a partir do día 25 de xullo.
Entre elas están a Editorial Galaxia e dúas das fundacións do noso grupo cultural: a Fundación Otero Pedrayo e a Fundación Isla Couto.
Dende a Editorial Galaxia e as fundacións sentímonos orgullosos de formar parte deste ilusionante proxecto que pon, subindo un banzo máis, a nosa cultura no mundo da modernidade e do século XXI.

Comparte nas túas redes sociais ou por email